TEMPADA 2009/2010

TEMPADA 2009/2010
O EQUIPO REBELACIÓN DE SEGUNDA

BENVIDO Ó ESPACIO VIRTUAL DO CF QUINS

Hola amigos, benvidos ó espacio virtual do CF Quins, un clube modesto no que se pode destacar o mellor ambiente entre xogadores, entrenador e directiva de todo o Ribeiro.

A disfrutalo

miércoles, 20 de octubre de 2010

O COMEZO DA TEMPORADA ESTÁ SENDO TODO UN ÉXITO

Sin dúbida algunha estamos moi satisfeitos do comezo de temporada que estamos a facer. Falta moito millo que apañar, pero bueno, xa temos unha boa parte do necesario para continuar en segunda recollido. Teremos que seguir así haber que pasa.

domingo, 20 de diciembre de 2009

Oscar Dabarca, o reforzo de inverno

A pasada semana, Oscar Dabarca, incorporouse ós entranamentos do Quins, con idea de ser un reforzo importante na delantera. Sin dúbida esperamos, que en pouco tempo pase a ser un gran activo para o noso ataque, e un gran compañeiro para Adán, Marcos e Iván.

O empece do ano sera contra o Leiro

A primeira xornada do ano o Leiro visitará o noso feudo, algo que temos que aproveitar para chegar ós 24 puntos na primeira volta. Sin dúbida é un partido esperado debido o entrenador Dabarca é de Leiro, e algúns dos seus xogadores pertenceron ó equipo visitante.

OS CAMPOS DE HERBA SINTÉTICA NON SON O NOSO

Esta xornada xa se pronosticaba accidentada. Por falta de colexiados o partido que nos enfrentaba co Arenteiro en A Uceira tivo que ser xogado o Domingo pola mañán, o que, co frío que fai, xa non era prato de gusto.
Con todo, fumos a Carballiño coa posibilidade de pornos en postos da parte alta da táboa, sabendo que o campo do Arenteiro non nos beneficiaba. Xa tiveramos unha mala experiencia en copa contra o Arrabaldo, e como se esperaba, costounos adaptarnos ó terreo de xogo. Eles coñeceno á perfección e a nos resultounos moi complicado afacernos.
Con todo isto, pudemos pornos por diante no marcador con ocasións de Marcos e Adán, pero outra vez non fumos capaces. Logo eles en dous contraataques marcaronnos dous goles e moi pronto xa nos meteron o terceiro.
Co partido encarrilado, o Arenteiro centrouse en aproveitar a súa vantaxe no marcador e o seu coñecemento do terreo de xogo e o resultado final foi de 4 a 1.

O EMPATE CO ARNOIA SOUBO A POUCO

O último partido xogado na casa contra o Arnoia soubo a pouco, logo de ter a maioría de ocasións do encontro.
A sorte de cara o gol que tivemos contra o Abelenda, non estubo da nosa parte nos primeiros minutos, errando claras ocasións contra o porteiro visitante.
Xa ó principio do encontro puidemos pornos por diante no marcador con ocasións de Cristian e Adán, pero no fumos quen de marcar.
Logo, no primeiro acercamento do Arnoia en contraataque conseguiron porse por diante no marcador. Esto produciu ansiedade en todo o equipo e non fumos quen de empatar na primeira metade.
O segundo tempo, con máis tranquilidade conseguimos empatar cu gran gol de Iván e cun penalti executado por Dani de maneira impecable. Pero nunha xogada desafortunada por un erro, o arbitro inventouse un penalti que fixo que o partido rematara en tablas

viernes, 11 de diciembre de 2009

O DO ABELENDA EN QUINS FOI UN SUICIDIO

A visita do Abelenda a Quins a pasada xornada de liga pódese decir que foi un suicidio en toda regla. A falta de moitos xogadores importantes xunto co mal planteamento do partido xogoulles unha mala pasada. Sin dúbida pode ser o resultado máis abultado que se vai a dar na 2ª rexional, aínda que non debemos esquecer que si na primeira parte o Abelenda marca a primeira ocasión do partido, o resultado pudo ser ben distinto

ESTA SEMANA VEN O ARNOIA

Esta semana volve a ser moi importante para o Quins. A visita do Arnoia ó campo do Marrau chega nun momento no que o Quins empeza a creerse que ten equipo como para aguantar na categoría e incluso para non sufrir demasiado.
Eu non sei vos que pensades, pero creo que o Arnoia é un rival moi difícil que conta cun equipo moi competitivo para a 2ª Rexional. Seguramente haberá que sufrir.