TEMPADA 2009/2010

TEMPADA 2009/2010
O EQUIPO REBELACIÓN DE SEGUNDA

BENVIDO Ó ESPACIO VIRTUAL DO CF QUINS

Hola amigos, benvidos ó espacio virtual do CF Quins, un clube modesto no que se pode destacar o mellor ambiente entre xogadores, entrenador e directiva de todo o Ribeiro.

A disfrutalo

domingo, 20 de diciembre de 2009

O EMPATE CO ARNOIA SOUBO A POUCO

O último partido xogado na casa contra o Arnoia soubo a pouco, logo de ter a maioría de ocasións do encontro.
A sorte de cara o gol que tivemos contra o Abelenda, non estubo da nosa parte nos primeiros minutos, errando claras ocasións contra o porteiro visitante.
Xa ó principio do encontro puidemos pornos por diante no marcador con ocasións de Cristian e Adán, pero no fumos quen de marcar.
Logo, no primeiro acercamento do Arnoia en contraataque conseguiron porse por diante no marcador. Esto produciu ansiedade en todo o equipo e non fumos quen de empatar na primeira metade.
O segundo tempo, con máis tranquilidade conseguimos empatar cu gran gol de Iván e cun penalti executado por Dani de maneira impecable. Pero nunha xogada desafortunada por un erro, o arbitro inventouse un penalti que fixo que o partido rematara en tablas

No hay comentarios:

Publicar un comentario