TEMPADA 2009/2010

TEMPADA 2009/2010
O EQUIPO REBELACIÓN DE SEGUNDA

BENVIDO Ó ESPACIO VIRTUAL DO CF QUINS

Hola amigos, benvidos ó espacio virtual do CF Quins, un clube modesto no que se pode destacar o mellor ambiente entre xogadores, entrenador e directiva de todo o Ribeiro.

A disfrutalo

domingo, 20 de diciembre de 2009

OS CAMPOS DE HERBA SINTÉTICA NON SON O NOSO

Esta xornada xa se pronosticaba accidentada. Por falta de colexiados o partido que nos enfrentaba co Arenteiro en A Uceira tivo que ser xogado o Domingo pola mañán, o que, co frío que fai, xa non era prato de gusto.
Con todo, fumos a Carballiño coa posibilidade de pornos en postos da parte alta da táboa, sabendo que o campo do Arenteiro non nos beneficiaba. Xa tiveramos unha mala experiencia en copa contra o Arrabaldo, e como se esperaba, costounos adaptarnos ó terreo de xogo. Eles coñeceno á perfección e a nos resultounos moi complicado afacernos.
Con todo isto, pudemos pornos por diante no marcador con ocasións de Marcos e Adán, pero outra vez non fumos capaces. Logo eles en dous contraataques marcaronnos dous goles e moi pronto xa nos meteron o terceiro.
Co partido encarrilado, o Arenteiro centrouse en aproveitar a súa vantaxe no marcador e o seu coñecemento do terreo de xogo e o resultado final foi de 4 a 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario